Así se fixo XIQUI XOQUE, FIÚ FIÚ!

Todo gran proxecto ten detrás unha importante planificación. Dende a nosa canle Sonárboretv ofrecémosche hoxe a posibilidade de ver o making off, o "como se fixo" esta segunda entrega da familia María Fumaça. Só tes que facer clic na ligazón á dereita destas liñas.

Presentación de O ESPIDO DE GINA en Santiago

Mañá xoves 19 de xuño ás 20 horas o escritor Miguel Anxo Fernández presentará o seu novo libro, O ESPIDO DE GINA. O autor estará acompañado de Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia e Eduardo Galán, crítico cinematográfico. Dende onte, xa está activo na nosa web o banner que permite descargar as primeiras páxinas […]