Case que 900 persoas gozan con María Fumaça

O pasado sábado, o tren de María Fumaça conseguiu concentrar case que 900 persoas no seu concerto no Mar de Vigo, nunha actuación que será lembrada xa non só polo éxito multitudinario, senón pola comuñón que se produciu entre artistas e público, nun concerto que durou algo máis de unha hora, que tivo ata catro […]

A Real Academia Galega réndelle homenaxe a Francisco Fernández del Riego

Hoxe, 7 de xaneiro de 2014, a Real Academia Galega réndelle homenaxe a Francisco Fernández del Riego cun acto literario no que participarán: Dolores Villanueva Gesteira, Ramón Nicolás, Ana Acuña Trabazo, Víctor Fernández Freixanes, Salvador García-Bodaño Zunzunegui e Xesús Alonso Montero. Na ligazón á dereita destas liñas podes descargar o convite para asistir ao acto.