Falábase de Carlos

Quero dicir nos días aqueles do 68, cando eu bulía nun Santiago rebentón como un caravel de caraveles. Falabase de Carlos, digo, como un escritor cheo de futuro, tamén dun ensinante desterrado lonxe de Galicia. Falabamos de Carlos, líamos tamén Vento ferido, con luvas realistas para agachar os sabañóns nas mans de aquelas noites húmidas. […]