Unha ducia de galegos corenta anos despois

Categoría: Nova

A primeira edición deste libro, en agosto de 1976, constituíu un extraordinario acontecemento editorial na Galicia daquel tempo; tres mil exemplares que se agotaron en apenas tres meses. O seu autor tiña daquela vinte e catro anos. Doce persoas da cultura e da lingua galega, doce persoeiros do galeguismo falaban cun xornalista mozo sobre o pasado recente, o presente e o futuro dun país que, logo de corenta anos de ditadura, iniciaba o camiño das liberdades e o autogoberno. Ordenadas cronoloxicamente, dende a memoria histórica de Ramón Otero Pedrayo ata a xeración inmediatamente anterior á do autor, representada por Carlos Casares, o libro apunta doce biografías, doce maneiras de entender o mundo e a realidade galega, voces diversas dun poliedro que, paseniñamente, entraba nos camiños da modernidade. Algunhas das conversas son pezas de referencia no xornalismo galego contemporáneo. Concibido coma un libro documento, recuperamos -corenta anos despois- doce anacos da memoria colectiva do noso país.
Conversas con: Ramón Otero Pedrayo, Valentín Paz-Andrade, Luís Seoane, Eduardo Blanco Amor, Ramón Piñeiro, Celso Emilio Ferreiro, Xaime Isla, Xesús Alonso Montero, Xosé Manuel Beiras, Xosé Luís Méndez Ferrín, Monseñor Araúxo Iglesias, Carlos Casares.

Comparte nas túas redes sociais ou por email