ofacedordeteatro

15,00€

mercar

O facedor de teatro

Thomas Bernhard

É unha peza en catro escenas na que se presenta unha crítica dura da profesión teatral no seu conxunto, comezando polos autores e rematando polo críticos.

Un vello actor, Bruscón, xa no último chanzo da súa carreira, percorre as vilas pequenas, que salfiren os montes autríacos, cunha compañía integrada pola súa propia familia, como na mellor tradición dos cómicos da legua. Nunha vella taberna disponse a representar a peza máis importante da súa vida, titulada Roda da Historia. Mentres discute con uns e con outros por causa dos preparativos da función que van ofrecer, Brucón vai debullando os máis diversos argumentos, nos que abrolla unha visión aceda e irónica da vida. Finalmente, cando o pano se vai erguer, estouran lóstregos e tronos. Mentres, fóra, na invernía, a igrexa arde.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 184
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 27/10/2017
  • Colección : ESAD
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-083
  • Edición : 1ª ed.
  • Nº na colección : 12
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

grial-218Grial 218 VV.AA.
senlleirasSenlleirasAntía Yáñez Rodríguez

Autor/a

thomas-bernhard

Bernhard, Thomas
(1831-1989) é un poeta, novelista e dramaturgo austríaco de expresión alemá que figura entre os autores contemporáneos máis recoñecidos pola calidade e a extrema novidade da súa obra. De neno, estudou música grazas ao empeño do seu avó, Johannes Freumbichler, e de mozo interpretación na Universidade Mozarteum de Salzburgo. De saúde febre por mor da tuberculose, a súa vida vai estar moi marcada pola experiencia do abandono, da soidade, e a súa obra pola presenza da morte, da tolemia, da podremia, e por unha visión crítica da realidade social e cultrual do seu país. Tal vez por iso o monólogo adquira en toda ela unha presenza enorme, sempre sometido a unha permanente experimentación formal. En galego, realizouse a tradución da peza Na meta (Am Ziel, 1981), que foi espectáculo en 2010 con dirección de Ana Contreras e Afonso Becerra. En 1970, Bernhard recibiu o premio Georg Büchner, o máis importante das literaturas en lingua alemá.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR