apertas

10,50€

mercar

Apertas de vainilla

Fina Casalderrey

Unha nova historia para os máis pequenos de Fina Casalderrey, con ilustracións de Manuel Uhía.

Magali é moi amiga de Roi, pero un día ten que ir vivir a outra cidade. Daquela inventa un xogo fantástico que os vai manter sempre unidos, a pesar da distancia.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 32
  • Deseño : Capa dura
  • Dimensións : 16 x 20 cm.
  • Data Publicación : 2007-11-27
  • Colección : Os Duros
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-011-2
  • Edición : 1

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas

Sinatura de Fina Casalderrey2008-08-09 20:30:00

Novidades

carabelaCarabelaPaula Carballeira
prana-apanaPrana ApanaPatricia Rivas Gallego

Fina Casalderei

Casalderrey, Fina
Fina Casalderrey (Xeve, Pontevedra, 1952) é unha das escritoras máis recoñecidas, traducidas e premiadas no ámbito da literatura infantil e xuvenil galega. Deuse a coñecer con Mutacións xenéticas (1991), novela á que seguirían, entre outros títulos, Dúas bágoas por máquina (1992, premio Merlín), Chamizo (1994), ¡Asústate, Merche! (1995), O misterio dos fillos de Lúa (1995, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil), O estanque dos parrulos pobres (1996, premio Edebé), ¡Prohibido casar, papá! (1996), ¿Sobrevives? (1996), ¡Puag, que noxo! (1997), O misterio do cemiterio vello (1999), Bicos de prata (2000) e A máscara de palma (2000).

A narrativa de Casalderrey distínguese pola súa agudeza na observación e recreación do mundo dos adolescentes, polo realismo dos seus personaxes e situacións e por un ritmo capaz de converter calquera asunto cotián nun relato de suspense.

En 2013 foi nomeada académica de número da RAG e recoñecida pola Asociación Galega de Editores como Autora do Ano 2012, así como por Gálix como Socia de Honra.
En 2015 recibiu o Premio da Cultura Galega na modalidade de Letras.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR