O martes 20 de xullo resólvese o Reto Lector

Categoría: Nova

A Editorial Galaxia lanzou o primeiro Reto Lector destinado a fomentar a lectura en galego entre os adolescentes e as adolescentes de entre 12 e 16 anos. En principio a resolución do premio sabíase o 12 de xuño, pero finalmente, por causas alleas a nós, saberémola o 20 de xuño. A semana que vén un xurado composto por quince nenas e nenos de entre 12 e 16 anos valorará todos as propostas fixándose principalmente no poder de persuasión dos participantes, na súa claridade expositiva e na creatividade da gravación.
A rapaza ou rapaz gañador recibirá un Ipad de última xeración. Ademais, haberá cinco lotes de libros coas últimas novidades da Editorial para os cinco seguintes clasificados.
Grazas a todos os participantes!!!

Comparte nas túas redes sociais ou por email