Nordeste e Todo canto fomos finalistas do Premio San Clemente

Categoría: Nova

Daniel Asorey e Xosé Monteagudo son finalistas galegos da XXIII edición do Premio San Clemente Rosalía-Abanca, polas obras Nordeste e Todo canto fomos, respectivamente. Os Premios Arcebispo Juan de San Clemente naceron dunha iniciativa do director do IES Rosalía de Castro, Ubaldo Rueda, e de dous profesores de matemáticas, Francisco López Piñeiro e Maribel Marín; con tres modalidades – Lingua Galega, Castelá e Estranxeira- e cun xurado conformado por alumnos do propio IES e de outros cinco institutos galegos escollidos cada edición por sorteo.
Ademais do que o certame supón no referido ao estímulo do hábito lector entre os estudantes, o éxito do premio ofrécelle ao alumnado que conforma o xurado a oportunidade de compartir unha xornada cos autores galardoados que, ano tras ano, acoden a Santiago de Compostela a recoller este recoñecemento.
Moitos parabéns aos nosos autores!!

Comparte nas túas redes sociais ou por email