Chega ás librarías Perfecto López. Un vimiancés na Galiza ideal

Categoría: Nova

Estes días comeza a chegar ás librarías a biografía Perfecto López. Un vimiancés na Galiza ideal de Xosé María Rei Lema.

Perfecto López, coñecido coma O Tato da Valiña, naceu no lugar da Toxa-Vimianzo o 12 de maio de 1904. Traballou como xornaleiro e carboeiro antes de emigrar á Arxentina, da que volveu logo de desenvolver distintos oficios. Retornado a América, de novo na Arxentina, conseguirá facer fortuna coa representación e venda de vehículos estadounidenses. Fundará unha empresa na que se empregarán moitos veciños chegados de Galicia. En 1950, en Buenos Aires, foi elixido presidente da Asociación ABC do Partido Xudicial de Corcubión, colaborando no financiamento da estadía de Alfonso Castelao e esposa na Arxentina. Neste libro revísase a súa vida e o seu legado na Galicia exterior naquelas décadas cruciais para entender o noso propio país.

E o martes 16 de outubro ás 20:30h, estaremos para presentar esta nova biografía na Casa da Cultura de Vimianzo. Acompañando ao autor estarán Manuel Antelo, alcalde de Vimianzo, e Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia. Agardámosvos!
 

Comparte nas túas redes sociais ou por email