Bo Nadal 2018 e Feliz Aninovo 2019

Categoría: Nova
O 23 de decembro cúmprense 50 anos da primeira publicación de A GALIÑA AZUL, o clásico infantil de Carlos Casares que leva décadas formando parte das bibliotecas de milleiros de fogares. Porque a literatura é sempre punto de encontro, lugar de aprendizaxe, xesto de cariño. Por iso, dende Galaxia desexámosvos da man da galiña azul que pintou a imaxinación de Xoán Ledo, un Bo Nadal e un Feliz Aninovo 2019 cheo de libros!

Comparte nas túas redes sociais ou por email