Grial 169Os recursos non son eternos. O concepto "crecemento sustentable", que inspira este número 169 da Revista GRIAL coordinado por Uxío Labarta, configúrase coma un dos grandes desafíos do noso tempo: os recursos naturais non son inagotables, nin se reproducen espontanemente; caducan, estiñan e son limitados. Unha cuestión que, dende GRIAL consideremos de vital importancia, e que, dende ámbitos diversos, ven sensibilizando cada vez máis ámbitos de opinión pública, por eso interrogamos ao mundo da ciencia e da tecnoloxía, a planificación económica e a ecoloxía. A solución da enerxía atómica, que nalgún momento xurdiu como unha alternativa a escaseza deses recursos naturais, produciu durante décadas reaccións cívicas de protesta que mesmo paralizaron o seu desenvolvemento e estudo. Nalgúns casos xa se fala de volver a abrir o debate. A chamada sociedade posindustrial ou das novas tecnoloxías e do coñecemento, reabriu a discusión e un certo horizonte de esperanza, máis teórico que real, arredor da posibilidade de concibir un desenvolvemento posible respectando o medio e os recursos do mesmo. Progreso social, crecemento económico, equilibrio ecolóxico, beneficio industrial, respecto polo contorno natural, aproveitamento de recursos, calidade de vida…, son cuestións que de cando en vez veñen ao primeiro plano da actualidade e diante das cales compre situarse, sempre dende a reflexión e a información. Un debate que atinxe a todos os cidadáns. Contrubuir e participar no debate é unha obriga prioritaria dos espazos da expresión da cultura, canto menos tal como en GRIAL o entendemos. Dúas achégas de grande interése neste número 169 da revista: un adianto da correspondencia que Otero Pedrayo mantivo durande máis de cincuenta anos coa súa nai, Eladia Ramona Pedrayo, e a segunda das achegas: a lembranza que María Esther Vázquez fai da visita que no ano 1964 Borges e máis ela fixeron a Ramón Piñeiro en Compostela. |
RecensiónsDetalles
Noticias relacionadasObras do autor en catálogoActividades relacionadasNovidades
| |||||||||
|