O mércores 3 de agosto, celebrarase, ás 19 h, nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña, dentro da programación da Feira do Libro, na carpa 1, unha presentación arredor de Juana de Vega. A muller que desafiou o seu tempo, de Marilar Aleixandre e Emma Pedreira.
Acompañando as autoras, estarán as bookstagrammers Violeta Meléndrez (@littera_lupa) e Irene Pérez (@surfeandolibros), con Tati Mancebo, directora Comercial de Editorial Galaxia.