A vocación industrial da empresa galega: retos e oportunidades. Unha conversa sobre o libro “Galicia, distrito industrial”, en Carballo

Data e hora de comezo: 19, Abril 2024 / 18:00
Data e hora de remate: 19, Abril 2024 / 19:00
C.P.

O venres 19 de abril, celebrarase, ás 18 h, no Centro Social de Bértoa, no Polígono de Carballo, unha charla que leva por título A vocación industrial da empresa galega: retos e oportunidades. Unha conversa sobre o libro Galicia, distrito industrial, de Antón Baamonde, inscrita no programa Sinerxias. Empresa, emprego e territorio.

Acompañando o autor, estarán Daniel Hermosilla, conselleiro delegado de Rosiñas; David Sobral, secretario xeral de Federación Galega de Parques Empresariais; e Paula Nogueira, membro da Xunta de Goberno do Colexio de Economistas da Coruña.

Comparte nas túas redes sociais ou por email