O xoves 18 de abril, celebrarase, na Praza da Ferraría de Pontevedra, unha homenaxe a Fina Casalderrey a través dunha exhibición que leva por título Fina Casalderrey: medrando entre historias, un percorrido pola vida e obra da escritora.
Esta iniciativa, organizada por Gálix e o Concello de Pontevedra, pon en valor o aporte cultural e social da escritora, candidata ao premio Memorial Astrid Lindgren 2024 e ao premio Hans Christian Andersen 2024, coñecido este último como o "Nobel da Literatura Infantil".
A exposición inaugurarase o xoves 18 de abril, nun acto que comezará ás 12 da mañá. Poderá visitarse ata o 18 de maio.
A mostra, escrita por María Lado e ilustrada por Nove Noel, leva por título Fina Casalderrey: medrando entre historias e está composta por 20 paneis que narran o seu percurso vital e literario.