Espectáculo “Fazulas, o ladrón de paraugas”, en Guitiriz

Data e hora de comezo: 15, Xullo 2022 / 19:00
Data e hora de remate: 15, Xullo 2022 / 20:00
C.P.
O venres 15 de xullo, celebrarase, ás 19 h, na Praza do campo da Feira, en Guitiriz,o espectáculo Fazulas, o ladrón de paraugas; centrado no libro O ladrón de paraugas, de Xosé Lueiro, ilustrado por Sara Valcárcel. O espectáculo está interpretado polo actor e comunicador Fran Campos, producido pola compañía de teatro Bandullo Azul. A peza teatral está adaptada pola escritora e dramaturga Ana Carreira.

Comparte nas túas redes sociais ou por email