espertar

25,90€

mercar

O espertar da conciencia galega. Galeguismo, cultura e identidade (Ensaios e artigos dispersos. 1959-1990)

Ramón Piñeiro

Velaquí un novo volume da Biblioteca Ramón Piñeiro, na que Editorial Galaxia reúne as obras do pensador homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2009. Desta volta trátase dun libro no que se recompilan, en edición do profesor Henrique Monteagudo, textos de Ramón Piñeiro seleccionados con dous criterios: o tema e o tempo. Ensaios breves, prólogos, conferencias e discursos, e artigos que permanecían dispersos e que, por primeira vez, se publican conxuntamente.

Nos textos de Ramón Piñeiro incluídos neste libro "gurgullan as ideas e interpretacións, adoito
orixinais e faiscantes dunha mente dotada dunha intelixencia fulgurante, dunha extraordinaria
capacidade para a reflexión, dunha amplitude de coñecementos sobre os temas que toca e agudeza de visión verdadeiramente sen par", segundo escribe Henrique Monteagudo no limiar.

O tema que dá unidade ao libro é a cultura galega nas súas diversas facetas, e máis especificamente,
a cultura galega coetánea a Piñeiro. Aproximadamente desde 1950 a 1985. A reflexión
sobre a cultura galega constituíu unha das súas principais tarefas intelectuais de Ramón Piñeiro, inseparable da súa propia acción no mesmo ámbito, as dúas de grande importancia no discorrer da historia de Galicia na segunda metade do século XX.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 390
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 13,5 x 21 cm.
  • Data Publicación : 2009-05-13
  • Colección : Biblioteca Ramón Piñeiro
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-190-4
  • Edición : 1

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

fina-a-pirataFina a pirataHelena Villar Janeiro
follas-novas-literaria-ensinoL. Ensino: Follas novasRosalía de Castro
aires-da-mina-terraL. Ensino: Aires da miña terraManuel Curros Enríquez
red-lionRed LionMaría Alonso Alonso
minutos-para-medianoiteMinutos para medianoiteXavier QueipoRamón Neto

piñeiro

Piñeiro, Ramón
O filósofo e político Ramón Piñeiro (1915-1990) xogou un papel básico na política e a cultura galega do século XX, especialmente dende a posguerra. Foi fundador de Editorial Galaxia e codirector de Grial. Como autor, adoptou preferentemente unha perspectiva filosófica, dende a que abordou o tema da saudade, en obras como Filosofía da saudade.

Foi o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas do ano 2009.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR