Estás aquí:

Código: 1271

Grial 168

12,00  IVE INCLUIDO
Grial. Revista galega de cultura nace e pervive como unha canle para a produción cultural galega e como unha testemuña da súa existencia autónoma, tanto fóra como dentro de Galicia, erixíndose como un espazo de comunicación entre a cultura galega e as culturas do mundo.
Este número pertence á terceira etapa da revista Grial dirixida por Víctor F. Freixanes e Henrique Monteagudo .
¿De que cultura falamos?
Nesta transición entre séculos o discurso da cultura reafirma unha proxección social que en realidade xa viña anunciada desde hai bastante tempo, continuación previsible do que a sociedade de masas configurou nas últimas décadas do pasado século.

A sociedade contemporánea, en especial a sociedade occidental, afincada na "cultura de masas" e nos valores económicos de rendibilidade e consumo, referenciada sobre os medios de comunicación convertiunos a todos en clientes e a cultura nun mercado. ¿Quen establece o canon?

Unha das manifestacións desta nova realidade é a aparición, arredor dos anos 70 do pasado século XX, dunha serie de espazos simbólicos, fortemente inseridos nos espazos urbanos que actúan como xigantescas pantallas e escaparates e en conxunto configuran a súa personalidade na capacidade da súa significación simbólica. Territorios de referencia, ámbitos de culto nos que a sociedade se recoñece.

Unha nova percepción da realidade cultural que se fundamenta nunha forte capacidade de impactación mediática, nun importante contido de carácter civil vencellado aos símbolos do poder.
¿Parques temáticos?¿Abraiantes escenarios ao servicio da fascinación mediática?¿con que materiales dentro?¿Que debemos entender cando se fala de cultura e de espazos culturais?¿quen os crea e os define?¿Existe esa política cultural tan necesaria?

GRIAL abre un debate, achega reflexións e ideas, pero non cerra conclusións nin da programas. Xan Bouzada xunto con técnicos criticos e especialistas en política cultural ensaia algunhas respostas a estes e algúns outros interrogantes.
Unha proposta para o lector aberta e rica que promove a información e xenera coñecemento.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 148
Deseño: Rústica
Data Publicación:
Dimensións 17 x 21 cm. mm.
Colección: Grial
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN:
Observacións:

AUTORES/AS

Non temos datos do autor