Fund_Fund Penzol

A Fundación Penzol

A Fundación Penzol constituiuse notarialmente o 7 de abril de 1963 e inaugurou as súas intaslacións, en Vigo, o 5 de maio do mesmo ano co obxectivo de dotar a Galicia dun centro de estudos e documentación especializado en lingua e literatura galega. Os seus primeiros fondos proceden do mecenado do bibliófilo Fermín F. Penzol-Labandera que durante máis de corenta anos reuniu os máis variados folletos, libros, documentos, periódicos e revistas, cartas e material manuscrito referente á lingua e á historia de Galicia.

Antes do seu falecemento fixo depositaria á Editorial Galaxia deste legado e a editora asumiu o seu mantemento. Na actualidade dispón dunhas amplas instalacións na Casa da Cultura de Vigo, froito dun convenio de colaboración co concello desa cidade. O seu director ata 2010 foi o escritor e fundador de Galaxia, Francisco Fernández del Riego. O actual director é Francisco Domínguez.

fermin-penzol

O Padroado

Gabinete da Fundación Penzol

A actual composición do Padroado é como segue:

  • Presidente: Manuel Puga Pereira
  • Vicepresidente Primeiro: Antón Vidal Andión
  • Vicepresidente Segundo: Xulio Souto Jiménez
  • Secretaria: Inmaculada Valeije Álvarez
  • Director: Francisco Domínguez Martínez
  • Vocais: Xerardo Fernández Albor; Xulián Parga Rodríguez; Xoán Bernárdez Vilar; Xosé Luís Franco Grande (Real Academia Galega); Rosario Álvarez Blanco (Consello da Cultura Galega); Mª Dolores Cabrera Iglesias; Francisco Díaz-Fierros Viqueira; Pedro López Gómez; Manuel Meixide Vecino; Henrique Monteagudo Romero; Mª Dolores Villanueva Gesteira; Manuel Puga Pereira ; Mª del Carmen Pérez Pais; Xavier Martínez Cobas e Silvestre Gómez Xurxo; Abel Caballero Álvarez (Concello de Vigo); Marcelino Agis Villaverde.

Visita a Fundación Penzol

Descubre todo o que hai detrás desta fundación e da súa historia

Fund_Fund Isla Couto
Fund_Fund Otero Pedrayo
Fund_Ed Galaxia

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR