Presentación de “A historia de Sara”, en Moaña

Data e hora de comezo: 29, Maio 2023 / 19:00
Data e hora de remate: 29, Maio 2023 / 20:00
C.P.

O luns 29 de maio, celebrarase, ás 19 h, na Asociación de Mulleres de Moaña, con motivo da conmemoración das Letras Galegas, a presentación de A historia de Sara, de Francisco Castro, ilustrado por Luz Beloso.

Acompañando o autor e a ilustradora, presentará a escritora Iria Collazo.

O acto contará coa actuación musical do coro Chorima da AAMM.

Comparte nas túas redes sociais ou por email