Un verán de libros

Un verán de libros

Na Editorial Galaxia marchamos, tamén, de vacacións ata os primeiros días de setembro e, como cada ano, queremos lembrar a importancia de 'agostear' entre palabras e libros de nós. Porque o verán é tempo, sempre, para facer as cousas que non se poden facer durante o ano ou, cando menos, aquelas á que nos gustaría …

Cociña na Feira do Libro da Coruña

Cociña na Feira do Libro da Coruña

'A cociña dos Cunqueiro' o domingo, e 'As lambetadas de LARPEIROS' o luns, serán dúas das primeiras presentacións que a Editorial Galaxia organiza no marco da Feira do Libro da Coruña. Así, o domingo, ás 20.30 horas presentaremos 'A cociña dos Cunqueiro', de Elvira González-Seco Seoane. No acto participarán César Cunqueiro, autor do limiar e …

Presentación de 'As lambetadas de Larpeiros' de Merchi Rodal en Bueu

Presentación de 'As lambetadas de Larpeiros' de Merchi Rodal en Bueu

Este xoves asistiremos á presentación do libro "As lambetadas de Larpeiros", de Merchi Rodal, no Restaurante Casa Quintela de Bueu (Rúa Eduardo Vincenti, 24). Acompañarán á autora o cociñeiro Benigno Campos, Xosé Cermeño, director do programa LARPEIROS e o editor Francisco Castro. Non vai ser unha presentación ao uso, pois ao remate do acto, a …

Unha presentación docísima

Unha presentación docísima

Onte, no Restaurante Casa Quintela de Bueu presentamos 'As lambetadas de Larpeiros' de Merchi Rodal. O salón de comidas quedou pequeno para acoller ás preto de dúas centas persoas que se animaron a achegarse para escoitar á reposteira, que estivo acompañada no acto polo cociñeiro do programa da TVG, LARPEIROS, Benigno Campos, o director do …

Presentouse 'As lambetadas de LARPEIROS'

Presentouse 'As lambetadas de LARPEIROS'

Onte foi unha xornada moi dóce na Casa do Libro de Vigo pois presentamos 'As lambetadas de LARPEIROS', o libro máis dóce do popular programa da Televisión de Galicia e da autoría de Merchi Rodal. No acto estiveron presentes, ademais da autora, o cociñeiro Benigno Campos, o director do programa, Xosé Cermeño, e o director …

Galaxia na Feira do Libro de Lugo

Galaxia na Feira do Libro de Lugo

Mañá xoves será un día especialmente activo para a nosa editorial na Feira do Libro de Lugo, pois teremos dúas novidades que presentar. Por unha banda, ás 19 horas, presentaremos o libro DE RODA EN RODA. MÚSICAS E DANZAS DO MUNDO de Suso Cancelas, Javier Jurado e Pilar Sampil. No acto participarán Emilio Mesías, Profesor …

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR