Merchi Rodal

Merchi Rodal

Xerente do Hostal e Apartamentos Rodeiramar 2A, onde practica as súas Lambetadas. É licenciada en Ciencias do Mar e Técnico Superior en Cultivos Mariños, e o tema da repostería e da hostalería venlle de familia. O seu negocio hostaleiro vai pola terceira xeración. Xa o seu avó, alá polos anos 50 dicía que algún día …

Fin de semana de vermú, larpeiradas, peixes e mariscos en Ribadeo

Fin de semana de vermú, larpeiradas, peixes e mariscos en Ribadeo

A participación da Editorial Galaxia durante esta fin de semana na Feira do Libro de Ribadeo ten un algo culinario ou, cando menos, de mesa e mantel. Porque os tres actos que organizamos alí implican a mesa e o mantel. Mañá sábado, o escritor Francisco Castro participará, ás 13 horas e acompañado polo concelleiro de …

O libro de Merchi Rodal presentouse en Bueu e Allariz

O libro de Merchi Rodal presentouse en Bueu e Allariz

O venres foi en Bueu nun acto organizado pola Librería Miranda, e no que a autora estivo acompañada polo editor Francisco Castro; o sábado, n'A Despensa de Alarico de Allariz e coa compaña do representante da editorial, Fernando Fernández. Merchi Rodal paseou as súas receitas do seu segundo libro, NOVAS LAMBETADAS DUNHA LARPEIRA FELIZ, polo …

As Larpeiradas para ser feliz de Merchi Rodal, en Allariz

As Larpeiradas para ser feliz de Merchi Rodal, en Allariz

Merchi Rodal, colaboradora do programa Larpeiros da TVG, presenta o seu novo receitario, Novas lambetadas dunha larpeira feliz, este sábado día 19 de decembro ás 20h na tenda 'A despensa de Alarico' de Allariz. O primeiro libro de cociña de Merchi Rodal, As lambetadas de Larpeiros, leva impresas cinco edicións, que dan boa conta do …

Presentación do novo receitario de Merchi Rodal en Vilagarcía

Presentación do novo receitario de Merchi Rodal en Vilagarcía

Logo da presentación onte en Pontevedra do seu novo receitario de sobremesas, a reposteira do programa da TVG, 'Larpeiros', presentará o seu novo traballo NOVAS LAMBETADAS DUNHA LARPEIRA FELIZ acompañada do editor Francisco Castro. O acto desenvolverase en Espazo Lector Nobel de Vilagarcía ás 19.30 h. En "Novas lambetadas dunha larpeira feliz" recóllese un amplo …

Merchi Rodal presenta Novas lambetadas dunha larpeira feliz

Merchi Rodal presenta Novas lambetadas dunha larpeira feliz

Merchi Rodal presenta o seu novo receitario, Novas lambetadas dunha larpeira feliz, mañá mércores día 2 de decembro ás 20h na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Cangas, onde estará acompañada polo concelleiro de Cultura da localidade, Heitor Mera, por Xosé Cermeño e por Víctor F. Freixanes. Merchi Rodal, colaboradora do programa Larpeiros da …

Samaín ou Festa de Defuntos...pero con sabor galego

Samaín ou Festa de Defuntos…pero con sabor galego

Non temos por que chamarlle Halloween pois sabemos que é o Samaín. É máis: sabemos que a hollywoodiense celebración, en realidade, é unha deturpación da tradición de calacús dos días de defuntos que, dende os colonos irlandeses que chegaron a América do Norte hai moitos séculos xa. En Galica, de sempre, por estas datas de …

Charla con Merchi Rodal en Betanzos

Charla con Merchi Rodal en Betanzos

A reposteira do programa LARPEIROS, Merchi Rodal, manterá un encontro cos asistentes á librería Biblos de Betanzos o vindeiro 21 de febreiro ás 19 horas. A reposteira agasallará aos asistentes con algún dóce petisco saído dos seus fornos. Unha ocasión única para partillar un tempo con ela e falar de repostería, galdrumadas e outras larpeiradas …

Cuarta edición para 'As lambetadas de LARPEIROS'

Cuarta edición para 'As lambetadas de LARPEIROS'

Hai poucos días comezaba a chegar ás librerías de Galicia a cuarta edición do libro de Merchi Rodal, 'As lambetadas de LARPEIROS', un mollo de dóces sobremesas saídas da imaxinación larpeira da pasteleira do popular programa de televisión. A acollida entre o público galego deste receitario é sen dúbida espectacular, se temos en conta que …

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR