Estás aquí:

Código: 2483

Viches iso?

22,00  IVE INCLUIDO
Un singular percorrido pola vida das aves invisibles
A obra é unha chamada de atención para erguer a cabeza e descubrir un mundo novo ao noso redor: na praia, na aldea, na cidade, e facer un singular percorrido pola vida desas aves, para nós, "invisibles".

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 92
Deseño: Cartoné
Data Publicación:
Dimensións 300 x 210 mm.
Colección: Lanterna de Aristóteles
Nº na colección: 3
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-712-2
Observacións: O autor é o ilustrador

AUTORES/AS

Arcas, José
jose-arcas

Dende neno tivo moita curiosidade polo mundo natural. Pintou sempre, dende neno, animais. Estudou Ciencias Biolóxicas e doutorouse na Universidade de Vigo cun traballo sobre as andanzas no intermareal dunha ave cun nome moi simpático, o bilurico bailón (Actitis hypoleucos).

Seguiu debuxando á par que ía por media España traballando en diferentes proxectos de conservación de aves e os seus hábitats. Nos últimos vinte anos a pintura da natureza foi ocupando cada vez máis o seu tempo, ata agora, dedicándose de xeito profesional.

Son moitas as exposicións colectivas e individuais feitas en Galicia e fóra, das que a máis salientable foi  a da Real Sociedade Británica do lapis de cor, en 2008.

Na actualidade está moi interesado pola pintura do rural galego nun movemento ao que chama agrosketching.

Leva publicados varios libros en formato de caderno de campo, destacando Alexandriuns, sobre a conservación da píllara das dunas e un caderno de campo sobre o parque nacional das Illas Cíes.

Tamén é director artístico da revista on line El Ecoturista.  

Entre as exposicións máis recentes destacan, en solitario: 2019 Feira da Arte e a Cultura de Galicia Culturgal; Stand Agencia Ecowildlife Travel. Feria Madbird, en Madrid (2018); Stand Agencia Ecowildlife Travel. Feria Madbird, Madrid (2017). E as colectivas: Pittori in Faggeta. Villavallelonga. P. N. Abruzzo, Lazio e Molise, Italia (2019); e, en 2018 Galería a+b. Tollo, Goián.

Se precisas máis información podes obtela en: https://josearcas.com

As súas obras

Viches iso?
9788491517122
22.00€ CON IVE

COLECCIÓN

Lanterna de Aristóteles

Puf! vaia peido... Seres sorprendentes con nomes ben ocorrentes
puf-vaia-peido-seres-sorprendentes
esgotado
A que cheiran as cores? A esperada guía para coñecer o cerebro
9788491514152
22.00€ CON IVE
Viches iso?
9788491517122
22.00€ CON IVE