Estás aquí:

Código: 229

Viaxes no país de Elal

14,00  IVE INCLUIDO
Un libro de viaxes que tamen é relato de aventuras, crónica de actualidade e fascinante persecución das pegadas da participación galega na colonización da Patagonia.
Esta é unha crónica nacida das travesías que Xavier Alcalá leva feito, nos máis variados medios de transporte, polas latitudes austrais da República Arxentina. O país de Elal é a Patagonia, o inmenso territorio que habitaba a raza dos tehuelches ata que alí chegaron outros homes que a si mesmos se denominaban galegos. Desde Bariloche, na cordilleira dos Andes, ata Punta Arenas, no Estreito de Magallanes, o escritor viaxeiro vai deixando constancia de lugares que se chaman Comodoro Rivadavia, Aldea Beleiros ou Río Gallegos, vestixios inequívocos dun dos episodios máis sobresalientes e aínda descoñecidos da nosa historia colectiva.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 220
Deseño: Rústica
Data Publicación: 01/09/1992
Dimensións 135 x 210 mm. mm.
Colección: Literaria
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-7154-834-4
Observacións:

AUTORES/AS

Alcalá, Xavier
Xavier Alcalá

(Miguelturra, Cidade Real, 1947) é enxeñeiro de telecomunicacións, ademais de colaborar na prensa, actualmente cunha columna en La Voz de Galicia. Instalado en Galicia desde a nenez, iniciou a súa obra literaria con Voltar, seis personaxes e un fado (1972), obra á que ían seguir títulos como A nosa cinza (1980), Fábula (1980), Nos pagos de Huinca Loo (1982), Cárcere verde (1990), Latitude austral (1991), Código morse (1996) e Alén da desventura, novela coa que obtería o Premio Blanco Amor no ano 1998. Tamén é autor da triloxía “Evanxélica memoria”, en que se relata a epopea das comunidades evanxélicas en Galicia, constituída polas novelas Entre fronteiras (2004), Nas catacumbas (2005) e Unha falsa luz (2007). En 2012, publicou a novela Verde oliva, sobre a revolución castrista en Cuba, e The Making of (2018), o retrato dun sobrevivente, onde se descobre a aventura oculta da emigración galega na Arxentina.

As súas obras

Oferta Arxentina
pack arxentina
15.50€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.10€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
27.40€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
17.15€ CON IVE
70º norte
9788411761420
21.95€ CON IVE
900
900
22.00€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
25.40€ CON IVE
A beleza debe morrer
9788411760188
20.90€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
15.50€ CON IVE