Estás aquí:

Código: 1857

Unha estrela para Amina

12,20  IVE INCLUIDO

PREMIO "O FACHO DE TEATRO INFANTIL 2019"

É un fermoso conto contado por unha boneca que conta o que nunca se contou. Fala desas guerras invisibles, desas persoas que están refuxiadas e das que ninguén quere saber. É unha historia de tenrura e de valentía. De luz no medio da escuridade. Unha boneca inesquecible nunha historia inesquecible.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 80
Deseño: Rústica
Data Publicación: 30/06/2020
Dimensións 130 x 200 mm.
Colección: Árbore a partir de 12 anos
Nº na colección: 239
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-472-5
Observacións: 6ª reimpresión setembro 2024

AUTORES/AS

Díaz Núñez, Celia
Celia Díaz Núñez

(O Páramo, 1961) desenvolveu a súa actividade docente en Ourense como profesora de ensino secundario e universitario.  

En Galaxia publicou na colección Literaria a novela Unha verdade amarga e o libro de relatos Corte e confección, e para o público xuvenil as novelas A boca do monte (colección Costa Oeste, finalista do Premio Frei Martín Sarmiento 2016), Rugando, o misterio do cuarto secreto (colección Costa Oeste, Premio Pura e Dora Vázquez 2012) e a obra teatral Unha estrela para Amina (colección Árbore, Premio O Facho de Teatro Infantil 2019).

Publicou ademais a novela xuvenil Adeliña (Premio Pura e Dora Vázquez, 2003) e as obras teatrais Cataventos e cía. (Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, 2004), O castelo de Pena Redonda, o máis tolo da contorna (Premio O Facho de Teatro Infantil 2016) e Velaí vai o papaventos (2014).

É tamén autora do libro de pasatempos Restra de letras (2002), do ensaio literario Voces na terra (1995) e de materiais didácticos para a aprendizaxe da lingua galega.

As súas obras

Unha verdade amarga
unha-verdade-amarga
18.10€ CON IVE

COLECCIÓN

Árbore a partir de 12 anos

A brava Sofía
brava sofia
esgotado
A casa da Madriña
foto
esgotado
A casiña azul
casiña
14.40€ CON IVE
A chave de ouro
foto
3.00€ CON IVE
A chave dos soños
foto
12.40€ CON IVE
A guía fantástica
foto
3.00€ CON IVE
A longa viaxe
foto
14.60€ CON IVE
A procura de Park
foto
3.00€ CON IVE