12,55€

mercar

Un estudio en escarlata

Arthur Conan Doyle

A primeira novela protagonizada por Sherlock Holmes

En Un estudio en escarlata o detective Sherlock Holmes coñece a quen será o seu máis fiel amigo e compañeiro, o Doutor John Watson. Esta novela editada no ano 1887 trata sobre un espantoso asasinato, vinganzas e fanatismo relixioso.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 154
  • Deseño : Cartoné
  • Dimensións : 135 x 200 mm
  • Data Publicación : 1998-09-01
  • Colección : Biblioteca Sherlock Holmes
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-015-0
  • Edición : 1

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

Carliños, capitán!Xoán Babarro González
Unha cervexa ChangManuel Portas
O meu sangueDiego Giráldez
MaasaiAlberto Avendaño

Conan Doyle, Arthur
Sir Arthur Conan Doyle (1859-1930) é recoñecido como mestre do suspense e creador dun dos máis coñecidos personaxes de ficción do mundo. Exercía como médico cando escribiu a primeira aventura de Sherlock Holmes. O seu éxito fíxolle abandonar a súa primeira profesión para dedicarse á literatura. Durante uns corenta anos escribiu numerosas aventuras do seu famoso detective, ao que tratou de poñer fin en varias ocasións, pero o clamor do público impediullo. Foi o creador dun tipo de novela detectivesca na que a dedución é a arma principal e o azar non ten cabida. Ademais dos libros que tiñan como protagonista a Holmes, escribiu outras historias detectivescas, de ciencia ficción, de corte autobiográfico e numerosos contos e novelas breves nos que se revela coma un mestre do xénero.
Editorial Galaxia publicou na colección Biblioteca Sherlock Holmes un total de nove volumes con obras súas: Un estudio en escarlata, O arquivo de Sherlock Holmes, O can dos Baskerville, Memorias de Sherlock Holmes, O val do terror, As aventuras de Sherlock Holmes, O últimos adeus, O signo dos catro e O regreso de Sherlock Holmes.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR