Tes ata as 10

Antonio non daba creto ao correo que viña de entrarlle no seu ordenador. Era de seu pai. O problema é que o seu pai leva morto un día. Así arranca esta trepidante historia de intriga e suspense na que Francisco Castro constrúe unha trama que contén, á súa vez, moitas historias distintas. A través de correos electrónicos, cartas e outra clase de pistas misteriosas e sorprendentes, o seu pai, morto, ou quen está a facerse pasar por el, vai obrigando a que o protagonista investigue un terrible asunto do pasado que quedou sen resolver. Libros misteriosos, vinganzas dende o Máis Alá, historias de amor que hai que manter ocultas…, todo un mollo de asuntos nunha novela que nos vai levar de viaxe pola historia recente de España e Galicia, mais tamén por dentro do corazón dos namorados que o están de verdade.

Tes ata as 10

O escritor Francisco Castro participará mañá venres nunha charla-coloquio co gallo da publicación do seu TES ATA AS 10. A entrevista será realizada por Manuel López Rodríguez, nun acto organizado por A Lanzadeira de Alcor e que dará comezo ás 21 h. na Casa da Cultura 'Antón Avilés de Taramancos'.
'Tes ata as 10' é un dos libros máis vendidos en Galicia no último ano e vai camiño xa da terceira edición en 12 meses. Sobre ela, o autor declarou: "Con Tes ata as 10, sobre todo, quixen construír unha novela de intriga, un texto que enganchase desde o principio e que obrigase ao lector ou lectora a seguir lendo un capítulo máis. Pero, sobre todo, a novela quere ser unha historia de amor e de amores, de segredos case gardados, de descubrimentos."

Tes ata as 10

Francisco Castro presentará a súa nova novela TES ATA AS 10 na Casa do Libro este martes ás 20 horas acompañado pola escritora Inma López Silva e o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes.

A OBRA:

Unha novela trepidante que non vas poder deixar de ler ata o final

Antonio non daba creto ao correo que viña de entrarlle no seu ordenador. Era de seu pai. O problema é que o seu pai leva morto un día. Así arranca esta trepidante historia de intriga e suspense na que Francisco Castro constrúe unha trama que contén, á súa vez, moitas historias distintas. A través de correos electrónicos, cartas e outra clase de pistas misteriosas e sorprendentes, o seu pai, morto, ou quen está a facerse pasar por el, vai obrigando a que o protagonista investigue investigar un terrible asunto do pasado que quedou sen resolver. Libros misteriosos, vinganzas dende o Máis Alá, historias de amor que hai que manter ocultas…, todo un mollo de asuntos nunha novela que nos vai levar de viaxe pola historia recente de España e Galicia, mais tamén por dentro do corazón dos namorados que o están de verdade.

O AUTOR:
Francisco Castro (Vigo, 1966) traballa na actualidade na Editorial Galaxia. En 2010 foi elixido presidente da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix). É un dos narradores galegos que comezaron a publicar no inicio do século XXI. A súa narrativa destaca pola orixinalidade á hora de abordar xéneros moi diferentes.

É autor do libro de relatos eróticos Xeografías, de A canción do náufrago, ambos de 2001, e do relato histórico Memorial do infortunio. En 2004 publicou Xeración perdida, novela coa que adentra ao lector no mundo das drogas, e Un bosque cheo de faias, que gañou o Premio Frei Martín Sarmiento. Recibiu en 2006 o Premio Blanco Amor de novela longa con Spam que publica Galaxia.

En 2007 resultou gañador do Premio de Novela Manuel García Barros, concedido polo Concello da Estrada, coa novela As palabras da néboa, publicado por Editorial Galaxia. No mesmo ano publica 'O ceo dos afogados' que foi finalista do premio Fundación Caixa Galicia e que recibiría o Frei Martín Sarmiento como mellor libro do ano.

En 2009 obtivo o Primeiro Accésit e Pluma de Prata no I Certame de Xornalismo de Opinión Raimundo García ‘Borobó’ polo seu artigo titulado ‘Borobó despedido’. No eido da narrativa infantil e xuvenil é autor de 'Chamádeme Simbad' (2009), Premio Frei Martín Sarmiento e lista de Honra do IBBY, e 'O segredo de Marco Polo' (2010).
En 2013 resultou gañador do Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia pola súa obra 'O corazón da Branca de Neve' e, en 2014, publicou a novela xuvenil 'Tes ata as 10'

Tes ata as 10

Acompañado do director de edicións de Galaxia, Carlos Lema e da crítica literaria especialista en literatura infantil e xuvenil Montse Pena Presas, o escritor Francisco Castro presentará a súa nova novela TES ATA AS 10.
Dende que saiu hai quince días, esta novela está a chamar poderosamente a atención dos lectores e lectoras pola súa capacidade para enganchar dende o primeiro momento. A opinión é unánime: estamos diante dun libro que non deixa indiferente a ninguén.
Parte da chegada dun miserioso mail que envía nin máis nin menos que un morto ao seu fillo. Ou alguén que se fai pasar por el. En calquera caso, será o punto de partida para que o protagonista investigue uns estraños acontecementos que sucederon en 1972 e que a censura da época non deixaron que se coñecese. A través desa investigación, o protagonista irá descubrindo a historia dun pai que descoñecía. E, polo medio, dúas intrigantes historias de amor.

Tes ata as 10

O escritor Francisco Castro presentará o seu novo libro TES ATA AS 10 na librería Nova Colón. O autor estará acompañado polo escritor e xornalista Xesús Fraga.
TES ATA AS 10 é ante todo unha novela de intriga que dende o momento da súa publicación está enganchando a lectores e crítica.
Está protagonizada por un editor vigués que vive na Coruña, fillo dun importante director dun xornal. Ao día seguinte da morte repentina do seu pai, recibe un correo electrónico, enviado nese momento, do propio pai no que lle di que "ten ata as dez" para resolver un enigma. Mais é tamén unha novela de amor e amores e tamén de misterio.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR