14,65€

mercar

Río abaixo

Luís Bugarín Pereira

Novela de aventuras na que o presente se funde co pasado.

A Chiño non lle gusta moito o colexio. Prefire pelexar cos seus compañeiros ou estar co seu tío-avó, un vello cura que loita contra a venda dun monte comunal. Un día, un amigo do cura preséntalle a Chiño un home misterioso que di que vén doutra época e empeza a contar a súa vida. Chámase Adoa e foi adaíl dun pobo que xa non existe.

Nesta novela os tempos antigos cobran vida no cativador relato da loita dos primitivos habitantes de Galicia, refuxiados nun castro, contra un pobo invasor. Moitos anos máis tarde, no mesmo sitio á beira do río Miño, os perigos son diferentes, pero non menos ameazadores.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 244
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 138 x 210
  • Data Publicación : 1998-04-01
  • Colección : Costa Oeste
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-200-0
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

As filloas de ManolaR. J. PeraltaBlanca Millán
CornucopiaRaúl M. Santos

Bugarín Pereira, Luís
Naceu en 1962 en Tui, á beira do río Miño, onde segue a vivir. Estudou Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela e, actualmente, é profesor de ensino secundario no instituto da Guarda. Río abaixo é a súa introdución no ámbito da literatura xuvenil galega, unha novela apaixonante que, partindo do contexto concreto da raia mollada, engaiola os lectores coa fascinación da Historia en xeral.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR