Estás aquí:

Código: 2283

Por que non aprendo?

14,70  IVE INCLUIDO
As dificultades de aprendizaxe. Como podo axudar o meu fillo/a
Por que non aprendo é un libro escrito cun afán eminentemente práctico, nunha linguaxe accesible e con vocación de servir de axuda a todos aqueles (pais, nais, profesionais do ensino, orientadores...) que queren enfrontarse á problemática das dificultades de aprendizaxe.

Cun estilo claramente didáctico, procurando a sinxeleza e evitando a terminoloxía especializada, Silvia Caride López explícanos como podemos axudar os nosos fillos/as en todo o que teña que ver coa súa aprendizaxe. A autora recorre a casos concretos e á súa experiencia profesional para mergullarnos nun camiño que conduce directamente ao fin que moitos pais e nais perseguen: axudar os seus nenos e nenas no camiño longo da educación. Porque cando hai unha dificultade de aprendizaxe non hai que desesperarse, senón atopar os vieiros para a súa solución.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 84
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 01/03/2010
Dimensións 17 x 24 mm mm.
Colección: Biblioteca de Intervención Social
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-257-4
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

Eventos relacionados con este libro

AUTORES/AS

Caride López, Silvia
silvia

Silvia Caride López (Vigo, 1977) é profesora de Educación Infantil e Orientadora. É Psicopedagoga, ademais de experta en Alteracións de Audición e Linguaxe, Pedagoxía Terapéutica e ten realizado estudos de Diagnóstico e Intervención Neuropsicopedagóxica.

A súa experiencia docente levouna a traballar con rapazas e rapaces de todas as idades e etapas educativas, dende a Educación Infantil ata Ciclos Formativos, tanto nas aulas como en diferentes Departamentos de Orientación.

As súas obras

Por que non aprendo?
aprendo
14.70€ CON IVE

COLECCIÓN

Biblioteca de Intervención Social

A poesía necesaria
poesia
14.70€ CON IVE
En galego, por que non?
galego
17.75€ CON IVE
Pequenas historias
Pequenas historias
14.70€ CON IVE
Por que non aprendo?
aprendo
14.70€ CON IVE
Un pozo moi fondo
pozo
14.70€ CON IVE