Escoller onde buscar

Estás aquí:

Os once

14,20  IVE INCLUIDO
Unha crítica desapadiada do poder, da Historia como instrumento de dominación. Gran Premio de Novela da Academia Francesa
Pierre Michon é un dos grandes autores franceses contemporáneos, unha figura xa mítica no ambiente literario francés, onde é coñecido por ser un dos escritores máis esixentes desde o punto de vista literario pese a manterse afastado dos cenáculos literarios parisinos. O autor acadou sona internacional con Vies minuscules, libro de relatos que publicou aos 37 anos. Na súa nova novela, Os once, conta a historia dun cadro exposto no Louvre e no que aparecen os membros do Comité de Salvación Pública durante a Revolución Francesa. Michon reconstrúe na novela a historia dese cadro e do momento histórico que aparece reflectido nel.

En Os once, Michon conta a historia do pintor François-Élie Corentin, a quen en plena Revolución Francesa lle encargan pintar un cadro no que aparezan retratados os membros do temido Comité de Salvación Pública, "os once", entre os que se encontraban Robespierre e Saint-Just, organismo que levou adiante a denominada política do terror. Nesta viaxe no tempo á que Michon arrastra ós seus lectores grazas á forza de evocación do relato, o escritor francés realiza unha crítica desapiadada do poder para, fronte os grandes persoeiros da Historia, situar as súas vítimas.

Os once recrea maxistralmente o París revolucionario, retrata os protagonistas da revolución e critica a Arte que se pon ao servizo do poder político.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 122
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 30/11/2009
Dimensións 135 x 210 mm mm.
Colección: Biblioteca Compostela de Narrativa Europea
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-239-0
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

Eventos relacionados con este libro

AUTORES/AS

Michon , Pierre
michon

Pierre Michon (Cards, Creuse, 1945) é orixinario do Limousin e estuda Letras na Universidade de Clermont-Ferrand, na que realiza unha tese sobre Antonin Artaud. Publica Vies minuscules (1984), o seu primeiro libro, aos 37 anos, logo dun período no que se dedicou aos estudos literarios e ao teatro. O renome que acada este primeiro título continúa e acrecéntase con Rimbaud le fils (1991), dando orixe a un lectorado que converte a súa obra nunha das máis admiradas da narrativa francesa contemporánea. No 1990 publica Maîtres et serviteurs e, posteriormente, La Grande Beune (1996), Le Roi du bois (1996), Mythologies d’hiver (1997), Trois auteurs (1997) e L’Empereur d’Occident (2007). O Premio Décembre, que obtén en 2002 polas súas obras Abbés e Corps du roi, significa o recoñecemento definitivo dun escritor singular.

As súas obras

Os once
once
14.20€ CON IVE

COLECCIÓN

Biblioteca Compostela de Narrativa Europea

A casa dos encontros
encontros
20.95€ CON IVE
A cea
cea
A desaparición de Esme Lennox
desap
20.95€ CON IVE
A elegancia do ourizo
ourizo
23.60€ CON IVE
A fama. Novela en nove historias
fama
17.75€ CON IVE
A medición do mundo
medicion
22.00€ CON IVE
A pensión Eva
pension eva
16.70€ CON IVE
A pista de area
pista
20.00€ CON IVE