24,10€

mercar

Obra dramática completa

Sarah Kane

En colaboración coa Escola de Arte Dramática de Galicia e coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, Editorial Galaxia tira do prelo un novo título da colección Biblioteca ESAD dedicada a textos teatrais traducidos para o galego. Trátase da Obra dramática completa de Sarah Kane, unha das grandes innovadoras do teatro inglés do derradeiro cuartel do século XX. O libro leva un interesante e documentado limiar de Manuel F. Vieites, que tamén se fixo cargo da tradución.

A mediados da década de 1990, a piques de finalizar o século XX, abrollan na escena inglesa unha manchea de textos que provocaron reaccións ben similares ás que se produciran a finais da década de 1950 coa irrupción dos mozos irados. Desta volta son as mulleres, entre elas Sarah Kane, que chegará a ser unha das autoras máis interesantes do panorama teatral en Europa.

A edición da Obra dramática completa de Sarah Kane que agora presentamos inclúe cinco textos dramáticos (Derruba, Amor de Fedra, Límpidos, Degoiro, 4.48 Psicose) e un guión (Pel). Trátase de pezas herdeiras, en moitos aspectos, do teatro da crueldade do escritor e actor francés Antonin Artaud, pezas nas que o corpo adquire protagonismo e o texto é un reflexo ou un medio no que a materia carnal se expresa. O ser humano non só como linguaxe e pensamento, tamén como corpo que excede os límites da representación.

Malia a tráxica desaparición da autora en 1999, a súa obra segue e a ter unha fonda vixencia e actualidade por mor deses mundos dominados pola dor que tan ben soubo reflectir e que nos falan dun forte compromiso coa vida.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 494
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210 mm.
  • Data Publicación : 2009-11-02
  • Colección : ESAD Galicia
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-193-5
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

Taracea marroquí 1935Eduardo Blanco Amor
Obra dramáticaÁlvaro de las Casas
Ensaios sobre GaliciaXohán Vicente Viqueira
Os camiños da vidaRamón Otero Pedrayo

Kane, Sarah
Sarah Kane (Essex, 1971-Londres, 1999), logo de iniciarse na práctica do teatro na educación secundaria, cursou estudos de grao en artes escénicas na Universidade de Bristol e de posgrao na Universidade de Birmingham. Ao mesmo tempo, participou en eventos tan importantes como o Festival de Edimburgo, onde presenta espectáculos e coñece todo tipo de propostas anovadoras.

Na conformación da súa escrita van ter unha considerable influencia autores como Samuel Beckett, Caryl Churchill, Howard Barker ou Georg Büchner. A súa obra supuxo un forte revulsivo na escena británica do seu tempo, sobre todo pola crueza dos temas recreados e pola súa preocupación
formal, lonxe do paradigma dominante da obra ben feita. Trátase dunha das autoras máis lúcidas e experimentais de todo o século XX.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR