O triángulo inscrito na circunferencia

Víctor F. Freixanes

Unha referencia obrigada no panorama literario galego do último terzo do século XX.

A epopea, verdadeira e fantástica, dos vellos navegantes galegos. Unha ambiciosa metáfora que pretende explicar algúns dos momentos máis transcendentais de Galicia e a súa historia e que conseguiu os eloxios unánimes da crítica.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 444
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 1987-12-01
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-7154-416-2
  • Edición : 3
  • Nº na colección :
  • Observacións : ESGOTADO. TEMOS UNHA NOVA EDICIÓN

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

Taracea marroquí 1935Eduardo Blanco Amor
Obra dramáticaÁlvaro de las Casas
Ensaios sobre GaliciaXohán Vicente Viqueira
Os camiños da vidaRamón Otero Pedrayo

Autor/a

F. Freixanes, Víctor
Víctor Fernández Freixanes (Pontevedra, 1951) é doutor en Filoloxía Románica, pasou da docencia escolar ao xornalismo, de aí ao mundo da edición e, finalmente, á universidade. Actualmente é profesor de xornalismo en Santiago de Compostela, presidente da Real Academia Galega. En 1980 gañou o Premio Modesto R. Figueiredo co relato "A caza das cascudas". Posteriormente, coa súa primeira novela, O triángulo inscrito na circunferencia (1982) obtivo o Premio Blanco Amor. En 1989, publica O enxoval da noiva, novela que recrea a Roma dos Borgia, e en 1993 gaña o Premio Torrente Ballester con A cidade dos césares. Antes dera ao prelo Unha ducia de galegos (1976), fito na recuperación da memoria do galeguismo a través do xénero da entrevista, e Memoria dun fuxido (1980), baseada na vida do guerrilleiro Manuel González Fresco. En 2010 publica en Galaxia a novela Cabalo de ouros, co que obtivo o Premio Autor do Ano da Federación de Libreiros de Galicia. En 2012 obtivo o 1º premio 'Rosa dos Ventos' concedido polo alumnado de bacharelato do Instituto Santiago Apóstol de Bos Aires.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR