10,50€

mercar

O raposo Colabranca

Xosé Carlos Caneiro

Xosé Carlos Caneiro, que se estrea como autor de literatura infantil, reflexiona sobre a tiranía da beleza e do superficial na relación entre os seres que poboan a terra.

O raposo Colabranca vivía só pendente de si mesmo e da súa branquísima beleza. Ata que a fraga enteira se puxo en perigo. Agora tócalle escoller: pensar só nel ou botar unha man aos que con el viven…

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 36
  • Deseño : Capa dura
  • Dimensións : 155 x 190 mm.
  • Data Publicación : 2011-05-30
  • Colección : Os Duros
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-362-5
  • Edición : 1

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

Taracea marroquí 1935Eduardo Blanco Amor
Obra dramáticaÁlvaro de las Casas
Ensaios sobre GaliciaXohán Vicente Viqueira
Os camiños da vidaRamón Otero Pedrayo

Caneiro, Xosé Carlos
(Verín, 1963). É licenciado en Xeografía e Historia e en Filoloxía. Como poeta publicou os libros Da túa ausencia (1991, premio Celso Emilio Ferreiro), Estación Sur (1992, premio Cidade de Ourense), A valgada triste do amor (1997, premio Johán Carballeira) e ¿Aínda soñas con piratas? (1999). A súa obra narrativa, traducida parcialmente ao castelán, recibiu numerosos recoñecimentos. Iniciouna con O infortunio da soidade (1992, premio Xerais), á que seguiron Un xogo de apócrifos (1997, premio Torrente Ballester), Tal vez melancolía (1999, premio García Barros), Os séculos da lúa (1999), Ébora (2000, premios Blanco Amor e Eixo Atlántico), A rosa de Borges (2000, premio Vicente Risco de narrativa fantástica). En Galaxia ten publicado o libro de relatos Triloxía dos tristes (2001), a novela Ámote (2003), o ensaio sobre literatura Os dominios de Caín (2006), a novela A vida nova de Madame Bovary (2008) e Un último destino (2010).

En 2011 recibiu o Premio de Xornalismo Francisco Fernández del Riego na súa VIII edición, concedido por Novacaixagalicia.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR