En 1958, pouco máis dun ano despois da morte do seu autor, Giuseppe Tomasi di Lampedusa, publícase O Gatopardo, dende ese momento a novela irá conquistando cada vez máis lectores.
Dende 1958, ano no que se publica O Gatopardo do autor de Palermo, esta obra irase convertendo nun libro de referencia obrigada na narrativa italiana do século XX.
Unha desas obras que requiren toda unha vida de preparación para ser escritas, que están por riba das circunstancias e conseguen revelar o sentido dunha época.
Con ironía e un dominio maxistral da linguaxe literaria, Lampedusa crea un universo literario pleno e fascinante, bota unha ollada lúcida e melancólica a un mundo en extinción.
Unha das grandes novelas de todos os tempos.
Comparte nas túas redes sociais ou por email
Detalles do libro
Páxinas: 284
Deseño: Cartoné
Data Publicación: 22/11/2005
Dimensións 14 x 21 cm. mm.
Colección: Clásicos Universais
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-851-4
Observacións:
AUTORES/AS
Tomasi di Lampedusa, Giuseppe
Nace en Palermo en 1896 e falece en Roma no ano 1957.