9,80€

Non dispoñible

O carreiro. Memorias do tío Santos

Narciso Luaces Pardo

A vida do Tío Santos de Rodela, que nos transporta á Galicia do último cuarto do XIX

Esta é a biografía dun carpinteiro de carros do país nas terras de Ortigueira. Da súa man viaxamos no tempo ó último cuarto do século XIX e, nun avance demorado, facemos un máxico percorrido pola Galicia das reivindicacións agraristas para, finalmente, achegármonos e observar nas nosas costas algunhas escaramuzas da II Guerra Mundial. Nestas memorias do carreiro, co poder suxestivo da palabra, recuperamos a infancia. Participamos directamente na sega e na malla, xogamos libres polas corredoiras, descubrimos un mundo de ilusións nas feiras… Todo contado coa espontaneidade, a frescura e a incrible riqueza léxica de Narciso Luaces, un labrego que leva no sangue a inmensa forza desta terra.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 176
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 119 x 169
  • Data Publicación : 2002-06-01
  • Colección : Outros títulos de literatura
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-356-4
  • Edición : 2

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

Carliños, capitán!Xoán Babarro González
Unha cervexa ChangManuel Portas
O meu sangueDiego Giráldez
MaasaiAlberto Avendaño

Luaces Pardo, Narciso
Narciso Luaces Pardo naceu en 1929 no lugar de Meixido, pertencente á parroquia de San Paio dos Freires, no concello de Ortigueira. De neno combinou a asistencia á escola coa axuda á familia nos traballos agrícolas, mais desde os quince anos dedicouse plenamente á que foi a súa profesión: labrego. Con menos de vinte anos pasou a desempeñar un labor activo nas Sociedades Agrarias continuando un compromiso colectivo que xa caracterizara os seus devanceiros.

De formación autodidacta, o autor de O carreiro. Memorias do tío Santos é colaborador do semanario La Voz de Ortigueira así como doutras publicacións relacionadas coa comarca ortegueiresa. Ademais de ser un dos fundadores das Edicións O Paporroibo, este home altruísta participa activamente noutras asociacións culturais. A súa disposición desinteresada foi tamén aproveitada polos centros de ensino, nos que participou en xornadas de divulgación da apicultura. Desde 1999 mantén aberto ó público o Museo Etnográfico de Meixido, que reúne centenares de pezas por el mesmo recollidas, restauradas e catalogadas.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR