ESGOTADO
A obra coa que Doris Lessing, Premio Nobel de Literatura 2007, acadou o recoñecemento internacional.
Publicada por primeira vez en 1962 e considerada unha das grandes novelas do século XX, O caderno dourado conta a historia de Anna Wulf, unha escritora inmersa nunha crise persoal que decide as súas experiencias en catro cadernos de cor diferente: o caderno negro para a súa vida literaria, o vermello para a política, o amarelo para a vida emocional e o azul para todo o cotián.
Doris Lessing (Kermanshah, Irán, 1919 – Londres 2013), a súa obra literaria ten moito de autobiografía, inspirándose na súa experiencia africana, na súa infancia, nos seus desenganos sociais e políticos. Os temas plasmados nas súas novelas céntranse nos conflitos culturais, as flagrantes inxustizas da desigualdade racial, a contradición entre a consciencia individual e o ben común. En 1962 publica a súa novela máis coñecida, O caderno dourado, que a catapultou á fama converténdoa na icona das reivindicacións feministas.
É autora dunha extensa obra narrativa e dunha celebrada autobiografía en dous volumes, Under my Skin e Walking in the Shad. Na súa obra máis recente, Alfred and Emily, conta a historia da súa nai e de seu pai combinando dous puntos de vista opostos: o real e o ficticio.
En 2007 recibiu o Premio Nobel de Literatura pola súa «capacidade para transmitir a épica da experiencia feminina e narrar a división da civilización con escepticismo, paixón e forza visionaria».