un montón de relatos, textos, poemas, monólogos, diálogos, excursións lingüísticas... para abordar unha vida en permanentes números vermellos. Mais non estamos a falar, só, de economía, que tamén, senón de todas as anemias que trae consigo a precariedade, a incerteza, a dúbida, as leas da vida moderna para alguén que quere abrirse camiño no traballo, no amor, na procura da propia identidade feminina.
A través dunha narradora que se converte en protagonista retrátase unha sociedade, a nosa, fragmentada, difícil, moitas veces desesperanzada, sobre todo para a xente máis nova. Un libro cheo de triplos saltos mortais dunha escritora que nos interpela e pregunta con canonazos enviados directamente á liña de flotación das nosas conciencias.
E con moito humor. Que non falte.
Xa que estamos en números vermellos.
Comparte nas túas redes sociais ou por email
Detalles do libro
Páxinas: 128
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Literaria
Nº na colección: 381
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-300-1
Observacións:
AUTORES/AS
Fontenla, Ana
(Vilagarcía, 1992). O único que quero é ser unha muller, que non unha culler, nin tampouco un deber, nin moito menos dun dossier. Formouse na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Publicou Números vermellos (2019).