Música de cinzaManuel ForcadelaLonxe dos criterios que separan a prosa da poesía, en Música de cinza tamén se contan historias, evócase o vivido, o perdido, o que xa non é, para que, dese xeito, regrese. Poesía de raíz dionisíaca, discurso rítmico e escuro, a palabra de Manuel Forcadela arrinca do tempo, da caducidade, do devir imparable que nos dá sentido e que nos forma, esa cinza que nos fala de antigos fulgores, de lumes que xa arderon. Mais o poemario tamén se elabora a partir do aforismo de intención filosófica e a partir da función do azar na construción da beleza. |
RecensiónsDetalles
Noticias relacionadasManuel Forcadela volve á poesía2009-02-05 09:54:16
Obras do autor en catálogo
Actividades relacionadasLectura de poemas de "Música de cinza" en Vigo2009-04-02 20:00:00
Novidades
| |||||||||||
|