foto

7,40€

Non dispoñible

Mimos e máis mimos

Pepe Carballude

o

Olalla é unha nena espelida e riquiña. Pero non é unha santa. Cando naceu a súa pequena irmá Andrea, apareceron uns seres estraños na casa. Son os Mimos, están todo o día enleando a Olalla, que é a única que sabe deles, pois son invisibles para os demais. Claro que desde que naceu a irmá parece que os pais de Olalla xa non lle dedican tanto tempo e cariño. ¡Isto non é xusto! Sendo a maior das dúas, deberían querela máis, ¿non? A cousa é difícil. A ver qué pasa.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 76
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 116 x 189
  • Data Publicación : 1999-09-01
  • Colección : Árbore a partir de 10 anos
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-279-6
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo

MarxinadosMarxinados13,50€
sosS.O.S.11,95€

Actividades relacionadas


Novidades

9788491516224Contiños da TerraManuel García Barros

Autor/a

pepe-carballude-imaxefree-hugo-l-arias

Carballude, Pepe
(Rubín, A Estrada, 1956) é licenciado en Filoloxía Clásica. A súa ampla traxectoria na literatura galega deixou títulos como O xílgaro pintor, Os gazafellos (premio Barco de Vapor 1986), Mimos e máis mimos, Investigación 091, Andainas de Pedro Chosco, SOS, Maldito DNI, Talismán dos druídas, Andrea quere ser maior, Paisaxe con fondo gris, De como o Santo dos Croques se fai peregrino (Premio Barco de Vapor 2002) e Marxinados, entre outros. Foto do autor de: ©Imaxefree-Hugo L. Arias


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR