O instrumento ideal para coñecer con profundidade as terras do Deza: pazos, ríos, espazos naturais e as mellores rotas.
Esta é unha completa guía con toda a información necesaria para sacarlle o máximo proveito a esta comarca do interior da provincia de Pontevedra. Xunto coa explicación das características xeográficas e naturais do Deza, inclúe todo o seu patrimonio histórico-artístico, caracterizado pola abundancia e valor dos seus templos románicos e dos pazos. O libro detense nos seus máis salientables espazos e paraxes naturais e amosa logo unha serie de vinte e dúas rotas de grande interese.
Nado na Coruña en 1961. Actualmente reside no Deza, onde exerce a súa profesión de veterinario. É autor do libro Ciclismo de montaña. Galicia, colaborador do Seminario Estudios de Deza e ten publicado varios artigos sobre cuestións relacionadas coa natureza e o medio natural.