Grial 227VV.AA.Máis alá da dereita Test de estrés á democracia liberal (Grial Parga) Unha vella pantasma percorre o mundo. Con roupas novas e un discurso cambiante, pero vello á fin e ao cabo. Tanto que non é nin vangardista nin revolucionario, como era o fascismo dos anos trinta, que vestía de Hugo Boss e coidaba con detalle a escenografía. É, máis ben, nostálxico e reivindicador dun pasado mítico. A ultradereita, a dereita afastada, a extrema dereita e a dereita radical son ideoloxías que están á dereita da dereita tradicional, democrática e liberal. Reflexionamos ao redor dela e buscamos como explicala desde unha perspectiva que vai do global ao local. Comezamos por Europa, onde naceu e onde ten a base máis sólida. Miramos para atrás e descubrimos a raíz, para profundar nela e tratar de entender mellor as razóns e as causas de que se expanda polo resto do planeta. Elba Maneiro e Acaymo Viera explican por que a teoría espacial é unha boa ferramenta metodolóxica para descubrir os espazos de competición política; como aparecen e o modo en que os emprendedores políticos descobren os seus caladoiros de voto. Conversamos con José Rama, un dos investigadores galegos máis prometedores da ciencia política nos próximos anos. Rama investiga o comportamento político e o sistema de partidos, e publicou traballos sobre o populismo e a dereita afastada en España e Europa. Con Rama acabamos falando, como non, de Galicia, onde non ve un terreo fértil para que Vox, nin ningún outro partido deda dereita radical penetre…, ata agora. O arxentino Federico Finchelstein, historiador e investigador sobre o fascismo e o populismo, cédenos o capítulo co que inicia o seu último libro, a piques de publicarse en España: A Brief History of Fascist Lies. “Non hai fascismo sen ditadura nin populismo sen eleccións”. A dereita afastada somete a democracia liberal a unha proba de resistencia. O sistema nacido despois da Segunda Guerra Mundial debe demostrar que ten capacidade para soportalo. Ese é o gran desafío para o século XXI. |
RecensiónsDetalles
Noticias relacionadasObras do autor en catálogo
Actividades relacionadasNovidades
| |||||||||||||||||||||
|