Estás aquí:

Código: 1315

Grial 212

12,00  IVE INCLUIDO
Novas incorporacións á revista GRIAL. Historia e memoria do 36
Novas incorporacións á revista GRIAL Na procura de renovar os equipos de pensamento e redacción da revista, que dende 1963 acude puntualmente á cita cos lectores, GRIAL presenta neste número 212 novas incorporacións ao seu Consello de Redacción. Xente nova para renovar unha publicación que dende hai 54 anos constitúe un referente da cultura galega e en lingua galega: a economista María Loureiro, a especialista en artes escénicas e escritora Inma López Silva, a ensaista e escritora María López Raimóndez, o catedrático de Electomagnetismo e ensaista Jorge Mira, o politicólogo, xornalista e crítico cultural Grial Parga. Con anterioridade, a redacción de GRIAl inciorporoui a Marilar Alexandre, que recentemente vén de ingresar na Real Academia Galega, e experta en arte Agar Ledo. Historia e memoria do 36 Nesta nova entrega de GRIAL volvemos á memoria histórica como centro de reflexión e debate, nun monográfico coordinado por Lourenzo Fernández Prieto, Antonio Míguez Macho e Dolores Villanueva, e no que participan tamén profesores e especialistas no tema como Antonio Cazorla, Germán Labrador e Lourdes Otaegui. María Dolores Cabrera pon de novo en valor fondos da Fundación Penzol, neste caso a interesanrte correspondencia que Víctor Casas, dirixente galeguista e daquela administrador d'A Nosa Terra, asesinado polas súas ideas en 1936, a Fermín Penzol, militante nas Mocidades Galeguistas en Madrid nos anos 20. A maiores, xunto coas sección tradicionais de libros e a Crónica de Roma, colaboran o profesor Alonso Montero cun traballo sobre a filóloga portuguesa Elsa Gonçalves, Xosé A. Ponte Far, cun traballo sobre Valle-Inclán e a súa relación coa cultura galega, o especialista en intelixencia artificial, Ramón López de Mántaras, que entrevista ademais a una das grandes autoridades no tema, Marvin Minsky, no Media Lab do MIT (Massachusttes), e una nova entrega do sociolinguístca brasileiro Dante Luchesi. Podes ver o sumario pinchando aquí, a carta do director aquí mesmo e a entrevista con Marvin Ninsky  

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 156
Deseño: Rústica
Data Publicación:
Dimensións 185 x 270 mm.
Colección: Grial
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: ISSN: 0017-418
Observacións:

AUTORES/AS

VV.AA.

As súas obras

Voces de Atlántica
voces atlantica
33.75€ CON IVE