Grial 201VV.AA.Transmedia. Cara a unha nova forma de narrar. Cada vez de xeito máis radical, as novas tecnoloxías veñen modificando as formas tradicionais de comunicación, producion e difusión do relato, tamén as maneiras de presentalo, distribuílo, compartilo e comercialízalo. Xorden novos xeitos de comunicar e novos xeitos de abordar a relación entre creadores, mediadores, receptores no século que xa corre… Estamos diante dunha nova realidade que en certos aspectos modifica radicalmente os modelos de produción e consumo cultural, pero que non son tan novos como parece. Dende que a humanidade existe, as tecnoloxías da comunicación (alfabeto, Gutenberg, fotografía, telégrafo, cine, radio, televisión…) actúan sobre os seres humanos e as colectividades. Mesmo podemos incluir a pintura, a arquitectura, a música, o teatro… |
RecensiónsDetalles
Noticias relacionadasXa na rúa o GRIAL 2012014-05-27 16:24:10
Obras do autor en catálogo
Actividades relacionadasNovidades
| |||||||||||||||||||||||||||||
|