Estás aquí:

Código: 1298

Grial 195

12,00  IVE INCLUIDO
Metropolitanizar. Habitar entre cidades
As cidades son os grandes centros históricos do desenvolvemento, a creación e o crecemento. Os antigos bolseiros da Fundación Barrié de la Maza volveron reunirse para falar da ordenación do territorio na Galicia actual (Diálogos O2). Xa no 2011, a asociación organizara un interesantísimo foro de debate arredor da investigación, as políticas de I+D+i, etc., que recollimos no número 190 da revista. Volvemos repetir a experiencia. Desta vez, o centro de discusión, con equipos de poñentes e contrapoñentes, foi a organización do territorio e, máis concretamente, a significación das cidades e das concentracións urbanas (megalópolis) no futuro das sociedades. Tamén no que atinxe á calidade de vida.

Velaquí un desafío que en certa medida segue a ser unha asignatura pendente entre nós. Segundo a Conferencia Europea de Ministros (Estrasburgo, 1983) e ordenación do territorio é "a excpresión espacial da política económica, social, cultural e ecolóxica das sociedades". Tamén podemos velo ao revés: dime como tes organizado (ou desorganizado) o teu territorio e direiche que problemas tes.
Con estas premisas, tres equipos de antigos bolseiros da Fundación, dirixidos polo catedrático de Economía da Universidade da Coruña e expresidente da Xunta de Galicia, Fernando González Laxe, e coordinados polo arquitecto Antonio García Fernández, apuntan tres grandes liñas de reflexión (pensando en Galicia e pensando no mundo): a posibilidade de cooperación entre poboacións cara a construción de espazos de integración de servizos e centros de crecemento; a gobernanza posible nesas grandes áreas metropolitanas, e a calidade de vida nas mesmas.
Problemas de transporte, problemas de desequilibrio interior, problemas demográficos de crecemento, problemas de formación cualificada e expectativas de traballo, problemas de habitabilidade, etc. Son algunhas das cuestións candentes que están detrás das discusións, sen esquecer outras aínda se cadra máis próximas como a viabilidade do AVE e o transporte rápido, a política portuaria, a posible concentración de municipios, o abandono da área rural, o sentido das Deputacións provinciais…

O número inclúe ademais un importante traballo sobre Celso Emilio Ferreiro e a censura, coa recuperación dun conto inédito e no seu día censurado do libro "A fronteira infunda" (1972), xunto cunha reivindicación documentada da figura de Juan Compañel (1829-1897), o editor de "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro en 1863. Dúas referencias para a conmemoración do Centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro e o 150 aniversario da edición do libro de Rosalía de Castro, que inaugura o Rexurdimento no século XIX.
Neste último apartado (as celebracións do ano de "Cantares Gallegos") publicamos tamén un importante traballo de Xesús Torres Regueiro sobre o "Conto galego" de Rosalía, moitas veces discutido e non sempre ben datado, única mostra autónoma en prosa da autora de "Follas Novas".

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 152
Deseño: Rústica
Data Publicación:
Dimensións 185 x 270 mm. mm.
Colección: Grial
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN:
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

Eventos relacionados con este libro

AUTORES/AS

VV.AA.

As súas obras

Grial 187
grial187
12.00€ CON IVE