Estás aquí:

Código: 1279

Grial 176

12,00  IVE INCLUIDO
Xénero, sexo e sexualidade

Sexo e sexualidade. Velaquí un dos temas do noso tempo. Relacións de xénero e relacións de vida. Tamén relacións sociais, emocionais, políticas ideolóxicas, efectivas... Eros e Tánatos configuran a gran dualidade que explica o mundo e a condición humana dende o principio dos tempos. Dende unha perspectiva básicamente feminista este novo número da revista GRIAL aborda un tema de especial actualidade.
As profesoras María Xosé Agra e Dolores Vilavedra coordinan un equipo de colaboradores que tratan o tema do sexo, a familia, a relación entre as culturas, a dependencia, a heterodoxia, os antigos mitos..., na que participan Lourdes Méndez, Raquel Osborne, Sara Barrón, Jorge Sacido, María Reimóndez e Xosé Manuel Buxán.

O sexo é un dos motores do mundo. Tamén da arte e da literatura. E da economía. E da organización social. O sexo pode ser transgresión ou sometemento, liberdade ou forma de escravitude, afirmación do ser e do individuo ou dependencia. ¿Cómo se manifestou ao longo da historia? ¿Como se manifesta na actualidade? ¿En que medida a nosa sociedade occidental é unha sociedade liberadora respecto doutras? ¿Que novas marcas impón nesta cuestión a postmodernidade?

Os lectores e as lectoras de GRIAL teñen diante de si, unha vez máis, unha fiestra aberta ás grandes cuestións do mundo dende unha mirada propia. Unha conversa con Celia Amorós, coñecida militante feminista, catedrática de Filosofía e Política, complementa este número, xunto cun ensaio de Susana Reboreda, profesora da Universidade de Vigo, sobre o Amor nos textos Homéricos que de seguro interesará e, en certa maneira, está relacionado co asunto central desta entrega 176 da revista.

Ademais das seccións habituais, no ámbito da economía Albino Prada Blanco aborda os problemas da xeografía nas economías de escala e, moi específicamente, nas posibilidades da economía da globalización.

No ano 2007 cumpríronse 50 anos da creación en Buenos Aires da editora e distribuidora de libros, Follas Novas, promovida por Anisia Miranda e Xosé Neira Vilas. Un dos capítulos menos coñecidos da historia do libro galego, neste caso na emigración e no exilio.

Violeta Janeiro amósanos unha ollada persoal, dende a nova crítica galega, sobre a última edición da Biennale di Venecia, e Xesús Constela escríbenos desta vez a Carta dende Istambul.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 144
Deseño: Rústica
Data Publicación:
Dimensións 18,5 x 27 cm mm.
Colección: Grial
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN:
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

Eventos relacionados con este libro

AUTORES/AS

VV.AA.

As súas obras

Grial 189
189
12.00€ CON IVE