Estás aquí:

Código: 1267

Grial 164

12,00  IVE INCLUIDO

Grial. Revista galega de cultura nace e pervive como unha canle para a produción cultural galega e como unha testemuña da súa existencia autónoma, tanto fóra como dentro de Galicia, erixíndose como un espazo de comunicación entre a cultura galega e as culturas do mundo.
Este número pertence á terceira etapa da revista Grial dirixida por Víctor F. Freixanes e Henrique Monteagudo .

A España posible. Poucos temas tan abertos e de actualidade coma o abordado neste número: o posible reordenamento político do Estado. Baixo a coordinación do historiador Ramón Villares, Grial preparou un número no que se intenta reunir voces diversas arredor dunha cuestión aberta e intensa. O ano 2005 anuncia algunhas encrucilladas especialmente difíciles e, en calquera caso, de enorme trascendencia, diante das cales cómpre abrir debate e propiciar a reflexión: o referendo da Unión Europea, a reforma dos Estatutos de Autonomía, a posible reforma da Constitución de 1978... Desde Grial quérese contribuír a ese debate.

Neste número que leva o título de " A España posible", participan Ferrán Requejo, catedrático de Ciencia Política da Universidade Pompeu Fabra de Barcelona, Daniel Inneraty, catedrático de Filosofía da Universidade de Zaragoza, José Luís Meilán Gil, catedrático emérito da Universidade de A Coruña e Conselleiro de Estado, Carlos Aymerich, profesor de dereito político da Universidade de A Coruña e Pasqual Maragall, Presidente da Generalitat de Cataluña.

Incluímos tamén unha homenaxe a un dos nosos grandes poetas, recentemente desaparecido, Antonio Tovar, e traballos de Carlos Reigosa (sobre a significación do xornalismo), Mónica Rebolo (sobre as radios galegas en Cataluña), Danilo Zolo (sobre Afganistán), David Barro (sobre o futuro da plástica e a política cultural galega neste eido) e un ensaio de Ramón Lugrís sobre Europa e o galeguismo que, pola súa significación histórica e pola reflexión que propón, nos parece especialmente pertinente nestes momentos.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 136
Deseño: Rústica
Data Publicación:
Dimensións 27 x 18,5 cm. mm.
Colección: Grial
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN:
Observacións:

AUTORES/AS

Non temos datos do autor