Estás aquí:

Código: 1265

Grial 162

12,00  IVE INCLUIDO
Grial. Revista galega de cultura nace e pervive como unha canle para a produción cultural galega e como unha testemuña da súa existencia autónoma, tanto fóra como dentro de Galicia, erixíndose como un espazo de comunicación entre a cultura galega e as culturas do mundo.
Este número pertence á terceira etapa da revista Grial dirixida por Víctor F. Freixanes e Henrique Monteagudo .
Demografía galega, un devalo imparable? Galicia ven perdendo poboación dun xeitoininterrompido e imparable dende os primeiros anos da década dos 80. En 1986 eramos 2.785.394 galegos censados. No ano 2001 non chegabamos a 2.700.000.
Por cada nacemento producénse anualmente case dúas defuncións e, como as taxas de mortalidade tamén diminuíron, resultado en parte da mellora económica e o aumento de expectativas de vida, a pirámide de poboación tende a alongarse significativamente por riba dos 45 ou 50 anos. Unha pirámide poboacional que se estreita pola base e na altura, as causas son complexas. Nalgúns aspectos pódense explicar mesmo nunha certa tendencia xeneralizada nestes anos na sociedade española. Pero entre nós redicalízanse espectacularmente: cambios profundos na estructura familiar, crise da sociedade agraria tradicional, inseguridade laboral, precariedade no traballo, falta de incentivos...
GRIAL propón neste número unha reflexión sobre este fenómeno complexo, que caracteriza ao noso tempo e condiciona gravemente o futuro. Da man do sociólogo Xoán Bouzada e do economista Alberto Meixide, membros do consello de redacción da revista...

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 152
Deseño: Rústica
Data Publicación:
Dimensións 185 x 270 mm. mm.
Colección: Grial
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN:
Observacións:

AUTORES/AS

Non temos datos do autor