Guerra e civilización. Logo da caída do Muro de Berlín (1989) o mundo semella diferente. Desaparecida a tensión entre as grandes potencias vencedoras de Segunda Guerra Mundial (Estados Unidos e URSS), deuse paso a un novo tempo que, polo de agora, se caracteriza pola inseguridade e a inestabilidade global. Arestora volve unha antiga pantasma. ¿Conflito entre civilizacións? Non todos os especialistas están de acordo.
Vellas terminoloxías ou conceptos deben ser revisados ou analizados: o papel das relixións, o modelo universal da civilización (eurocentrista), as relacións da civilización occidental con outras... Temos un modelo de mundo ca día máis globalizado e unhas institucións internacionais que viven un período de crise, que ven sendo unha crise de identidade. As novas tecnoloxías condicionan moi seriamentes os posibles novos modelos, as novas formas de relación, tamén a guerra, os conflictos, a organización internacional...
O discurso da cultura debe abordar estes temas, decisivos para a configuración da sociedade do século XXI.
Velaquí a motización básica das páxinas deste Grial 168: estudosos e especialistas abordan algúns aspectos da situación, enxergándoos dnde as disciplinas da Historia e das Ciencias Sociais. Unha contribución necesaria que nos afecta a todos.