(Ourense, 1971) é escritor e xestor cultural. Publicou a súa primeira novela, Cicatrices (2000) en castelán. En 2009 viu a luz o seu primeiro poemario, Bolboretas na memoria, e ao ano seguinte, xunto cun grupo de escritores ourensáns, crea Círculo Poético Ourensán, asociación dedicada á difusión da poesía nos centros educativos en Ourense.
Colabora na revista de difusión cultural InViable coa sección «Antenas de Galicia». Só ficarán cinzas en algures é a súa primeira novela en galego.