15,50€

mercar

Corto Maltés. Patio oculto chamado Arcano

Hugo Pratt

Unha nova aventura de Corto Maltés

O famoso personaxe creado por Hugo Pratt, navega desta vez por Siberia, Manchuria e Mongolia, na procura do ouro imperial ruso nas portas da revolución bolxevique. Polo medio, episodios de fuxidas e aventuras de amor na mellor tradición das historias escritas por Pratt.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 194
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 135 x 210 mm.
  • Data Publicación : 2012-05-16
  • Colección : Costa Oeste
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-426-4
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

EricaAna Vigo

Pratt, Hugo
Hugo Pratt naceu nunha praia de Rímini (Italia) o 15 de xuño de 1929, aínda que, por orixe familiar e por escolla persoal, sempre se sentiu habitante de Venecia, cidade na que transcorreu a súa infancia e parte da súa xuventude. Aos 10 anos empezou a debuxar cómics e aos 17 anos, tras vivir a súa primeira e intensa aventura africana, pon en marcha a súa primeira publicación, As de picas, en colaboración con varios amigos cos que forma o chamado Grupo de Venecia. A partir dese momento, viaxar, coñecer outras culturas, debuxar, amar e vivir intensamente formaron o seu mapa personal da felicidade.

Etiopía, Brasil, China ou Arxentina teñen un espazo importante na biografía de Pratt quen, a través do seu famoso personaxe Corto Maltés, foi escribindo a biografía dun heroe no que o autor e a criatura parecen fundirse nunha mesma personalidade. A morte, varias veces esquivada na súa bitácora de viaxe, sorprendeu a Hugo Pratt o día 20 de agosto de 1995, pero o seu mito continúa vivo e a súa obra segue a engaiolar lectores de todo o mundo.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR