Estás aquí:

Código: 526

Corte e confección

14,70  IVE INCLUIDO
“Escribir unha historia é coma facer un traxe —pensou mentres a máquina de coser debuxaba un carreiro de puntadas miúdas sobre a tea—.
Aínda que non o pareza, o xastre e a escritora contan con moi similares ingredientes e da súa habelencia en empregalos dependerá o resultado final da súa obra. O primeiro que se precisa para confeccionar un traxe é unha tea de calidade. Á hora de escollela hai que ter en conta a súa composición: de tergal, de flanela, de cheviot, de pana, de maó, de liño..., que iso vai no estilo, nas modas ou nas estacións, claro; pero tamén que sexa vistosa e elegante, con boa caída, e cun deseño que se adapte ao gusto do cliente: de pata de galo, de príncipe de Gales, de ollo de perdiz, de raia diplomática, de mil raias...” Así comeza este novo libro de Celia Díaz Núñez, un texto que nos di que, ás veces, contar unha boa historia é igual que coser. O xastre usa tesoiras grandes para cortar os panos, cinta métrica, xiz... e a escritora, a palabra para tecer historias coa linguaxe dos soños

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 112
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Literaria
Nº na colección: 402
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-413-8
Observacións:

AUTORES/AS

Díaz Núñez, Celia
Celia Díaz Núñez

(O Páramo, 1961) desenvolveu a súa actividade docente en Ourense como profesora de ensino secundario e universitario.  

En Galaxia publicou na colección Literaria a novela Unha verdade amarga e o libro de relatos Corte e confección, e para o público xuvenil as novelas A boca do monte (colección Costa Oeste, finalista do Premio Frei Martín Sarmiento 2016), Rugando, o misterio do cuarto secreto (colección Costa Oeste, Premio Pura e Dora Vázquez 2012) e a obra teatral Unha estrela para Amina (colección Árbore, Premio O Facho de Teatro Infantil 2019).

Publicou ademais a novela xuvenil Adeliña (Premio Pura e Dora Vázquez, 2003) e as obras teatrais Cataventos e cía. (Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, 2004), O castelo de Pena Redonda, o máis tolo da contorna (Premio O Facho de Teatro Infantil 2016) e Velaí vai o papaventos (2014).

É tamén autora do libro de pasatempos Restra de letras (2002), do ensaio literario Voces na terra (1995) e de materiais didácticos para a aprendizaxe da lingua galega.

As súas obras

Unha verdade amarga
unha-verdade-amarga
17.10€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.10€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
27.40€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
16.70€ CON IVE
70º norte
9788411761420
21.95€ CON IVE
900
900
22.00€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
24.40€ CON IVE
A beleza debe morrer
9788411760188
19.90€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
14.70€ CON IVE